ghose 📚⁂ reviewed El mundo de ayer by Stefan Zweig (Biblioteca de obras famosas,)
Non empaticei co autor, pero resultoume moi interesante e ilustrativo para coñecer o contexto da súa época.
3 stars
Fai case 100 anos un fulano tamén dixo o de crear unha nova orde. Actualmente temos un fulano que di o mesmo, de cando en vez sale algún así, o problema é cando ese fulano de turno pode financiar a «transición á nova orde».
Isto foi o que me fixo ler o libro, entender e coñecer como era o mundo de antes, o mundo da seguridade onde se criou o señor Zweig. A seguridade de el e os que eran como el, claro. (Aquí estou sendo un pouco inxusto co autor, pois a Seguridade á que se refire é a unha estabilidade política e económica que proporcionaba un marco de relacións coñecido e predecible, o que permitía a ricos e pobres actuar en consecuencia).
Así, por unha parte, satisfixen a curiosidade, e agora entendo mellor a transición política (revolución!) de Centro Europa, de como os Imperios e actores políticos …
Fai case 100 anos un fulano tamén dixo o de crear unha nova orde. Actualmente temos un fulano que di o mesmo, de cando en vez sale algún así, o problema é cando ese fulano de turno pode financiar a «transición á nova orde».
Isto foi o que me fixo ler o libro, entender e coñecer como era o mundo de antes, o mundo da seguridade onde se criou o señor Zweig. A seguridade de el e os que eran como el, claro. (Aquí estou sendo un pouco inxusto co autor, pois a Seguridade á que se refire é a unha estabilidade política e económica que proporcionaba un marco de relacións coñecido e predecible, o que permitía a ricos e pobres actuar en consecuencia).
Así, por unha parte, satisfixen a curiosidade, e agora entendo mellor a transición política (revolución!) de Centro Europa, de como os Imperios e actores políticos interactuaban e de que xeito todo se veu abaixo por aparentes minucias cando en realidade eran moitas as partes que buscaban unha excusa para facer voar a estructura política, social e económica. Ella sóla se murió y entre todos la mataron.
O personaxe (Zweig) pertence a un extracto social privilexiado desde o que foi testemuño de moitos deses grandes acontecementos grazas ás súas relacións personais, froito da súa orixe (burgués, familia acaudalada, xudeo) en Viena (capital imperial).
Debido a Zweig sentínme un pouco alonxado do seu relato, non empatizaba con el. Si, tivo «problemas», pero sempre estaba coa sensación de estalo a escoitar desde esa posición de privilexio con millóns de persoas sufrindo moito máis que el e apenas mencionadas.
Dito isto, que así sentía, non poño en dúbida a súa posición ética durante a súa vida, renegando non só do belicismo e de patrias de xeito público. A veces creo que se auto-xustifica en demasía, pero como ben di (e comparto) «non teño carácter de heroe ou mártir». Non é cita literal.
Case me senta mal escribir o anterior, o que pretendo e darlle contexto ao personaxe, pois el é o protagonista do relato, unha especie de ollada sobre o tempo que lle tocou vivir vista desde os sucesos que marcaron a súa historia.
Son moi ilustrativas as partes onde describe o xeito de comportarse e as tácticas políticas dos movementos fascistas e nazis, o xeito en que naceron e pregúntase, de xeito retórico, quen podía estar financiando todo aquelo, quen podía permitirse gastar cartos dese xeito. Follow the money.
Cen anos despois seguimos repetindo os mesmos erros e patróns de comportamento. Acabaremos igual?